Saltar ao contido

Park Chu-Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPark Chu-Young

(2016) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ko) 박주영 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Daegu, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coreia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaCorea do Sur Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo91 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2005–2008 FC Seoul 69(23)
2008–2011 AS Monaco FC 91(25)
2011–2014 Arsenal F.C. 1(0)
2012–2013 cesión   Celta de Vigo 22(3)
2014–2014 cesión Watford F.C. 2(0)
2014–2015 Al Shabab Football Club 7(1)
2015– FC Seoul
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005   Corea do Sur sub-20 26(18)
2005–   Selección de fútbol de Corea do Sur
2006–2008   Corea do Sur sub-23 16(4)
2006–2012   Corea do Sur sub-23
2010–2012   Corea do Sur sub-23 14(8)
2012–2012 South Korea Olympic football team 7(3)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2008Xogos Olímpicos de 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata

Instagram: chuyoungpark_official Olympic.org: chuyoung-park FIFA: 207761 Editar o valor en Wikidata

Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.

En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euros[1], onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.

Tras varios reforzos do equipo londiniense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013[2].

Coa selección absoluta

[editar | editar a fonte]
Medallas olímpicas
Bronce C-1000 Londres 2012

Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.

Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur[3].

  1. http://www.soccerfame.es/transfer/4145/park-chu-young[Ligazón morta]
  2. "El Celta ficha al surcoreano Park Chu-Young, del Arsenal". AS.com (en castelán). 2012-08-31. Consultado o 2019-12-14. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2013.